CONTEXTUALIZACIÓN
O Afiador, restaurante Compostelano con carisma e personalidade única, confiou en Siete Olas dende 2017 para dixitalizarse e aumentar a súa presenza online. Para iso realizáronse labores de análise do mercado e da competencia, así como das propias posibilidades da marca. Grazas a isto, creouse e desenvolveuse unha estratexia personalizada e adaptada ás necesidades da audiencia. Un traballo de dixitalización de marca que incluíu a creación de axendas, estudo de resultados, e adecuación da estratexia online segundo os obxectivos previstos.
Vivimos con eles o comezo de novas etapas, que documentamos e trasladamos a redes mediante a produción de fotografías e diversas pezas audiovisuais. E acompañámolos no seu cambio de sede, coa produción dun spot promocional.
En tres anos de andanza juntos, o seu alcance, seguidores e engagement aumentaron de gran maneira, chegando a un maior número de potenciais clientes, e renovando a súa imaxe dixital e offline.
- Deseño e desenvolvemento de estratexia dixital.
- Creación da imaxe online en medios sociais dende cero.
- Sesións fotográficas e de vídeo de produto, local e procesos de produción.
- Traballo de análise e seguemento de resultados.
DATOS CLAVE
Realizáronse publicacións diarias, creatividades, cartelería e menús que axudaron a crear e desenvolver a súa propia imaxe para redes. Houbo unha participación activa cos usuarios, creando así unha comunidade de usuarios/clientes sempre informados das novidades de O Afiador.