CONTEXTUALIZACIÓN

En 1955 nacía Muebles Compostela, unha empresa de Santiago de Compostela que ano tras ano acompañou a moitas familias á hora de axudarlles a crear o fogar dos seus soños.

Nestes 65 anos de andadura, foron moitas as xeracións que construiron un fogar grazas ao equipo de Muebles Compostela. A petición do cliente era reflexar todo o recorrido da marca ata os nosos días e todo o que lle queda por recorrer xunto a centos de familias, materializado nunha peza audiovisual que representase o saber facer da empresa e que agradecese a confianza que os clientes depositan en Muebles Compostela.

Dentro do proxecto de dixitalización que comezamos a desenvolver en 2018 para o cliente, en Siete Olas plantexámonos o reto de crear unha campaña que transmitise en un único vídeo corporativo todo ese valor que Muebles Compostela soubo transmitir xeración tras xeración.

“Creando hogar desde 1955” é unha campaña que reflexa a ilusión de construir un fogar, de soñar co mundo acolledor no que se convirte a túa casa durante toda unha vida. Muebles Compostela convertiu en realidade os soños de moitas persoas con vidas e estilos diferentes, tendo una solución para cada una de elas. “Creando hogar desde 1955” acabou por convertirse en lema indiscutible da marca alá a onde vai.

DATOS CLAVE

A campaña chegou a impactar a 63.000 personas grazas á estratexia do plan de comunicación. A producción audiovisual convertiuse en peza clave do branding de Muebles Compostela, representando así os seus valores e a súa misión para cos seus clientes.

Producción Audiovisual
Creatividad
Estrategia
0
Persoas alcanzadas
0
Especialistas
0
Éxito
0
Días de Campaña