CONTEXTUALIZACIÓN
O restaurante santiagués Orixe Gastronomía Galega, un dos nosos clientes de confianza, decidiu emprender unha nova aventura empresarial e abrir unha tenda de ultramarinos que capturase a esencia das tendas de antes, coa innovación dos produtos actuais. De novo, encargou a Siete Olas facerse cargo da súa imaxe corporativa, ligada a Orixe pero cunha identidade diferenciada.
Por un lado, actualizouse o logotipo, mantendo o estilo previo que seguía o restaurante. E por otro creouse un deseño de pezas, baseadas nos azulexos de toda a vida, para poder ser adaptada a tarxetas, cartelería e etiquetas destinadas a queixos, vermús e cervexas de creación propia e artesanal.
DATOS CLAVE
Un proxecto que mistura innovación e tradición a partes iguais. Puro branding e creatividade do que formar parte nos fai sentir moi orgullosos. ¡Todos os éxitos para Orixe!