CONTEXTUALIZACIÓN

No ano 2020, comeza a colaboración de Siete Olas con ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña. Durante o desenvolvemento conxunto do plan de marketing, o equipo trasladounos a necesidade de facer un redeseño da súa páxina web; xa que, en canto a conceptos de usabilidade, deseño e navegación, afastábase da imaxe que querían amosar aos usuarios que tiñan unha primeira aproximación coa Asociación.

Un dos puntos principais para o deseño da nova web é que debía ser accesible, atractiva e con toda a información organizada dunha forma clara, posto que a xente que chega á web buscando información é xente que sufriu de preto un accidente de dano cerebral e plantéxase a posibilidade de recibir terapia ca Asociación.

Por iso, dende Siete Olas baseamos o contido da páxina orixinal para construir unha moito máis usable, práctica e estética; tendo en conta, ademáis, cuestións como o traballo do SEO, o deseño responsive e as preferenzas do equipo de ADACECO. O resultado final é un site de sinxela navegación, dinámico e intuitivo, e adaptado aos equipos e navegadores web da actualidade, que gañou en adaptabilidade e profesionalidade ao amosar unha imaxe sólida e consecuente co bo servizo de terapia que ofrece a Asociación.

DATOS CLAVE

A páxina web é a porta de entrada para moitos usuarios que, co deseño anterior, chegaban a dispersarse e acababan por descartar os servizos da Asociación, feito que se conseguiu subsanar grazas ao cambio estético e de usabilidade do site. O deseño da nova web é un proxecto que forma parte da estratexia global de marketing de ADACECO, na que Siete Olas colabora aportando o seu coñecemento técnico sobre comunicación.

0
Satisfacción %
0
Especialistas