CONTEXTUALIZACIÓN
Orixe é un grupo gastronómico con sede en Santiago de Compostela e conformado por un restaurante e unha tenda en liña de produtos galegos. En Siete Olas encargámonos da comunicación tanto dixital como offlline cun claro obxectivo, reforzar e comunicar a razón de ser do proxecto: poner á gastronomía e á cultura galega no lugar que lle corresponde.
Aproveitando o seu quinto aniversario, decidimos renovar a páxina web do restaurante facéndoa máis “user friendly” e aumentando o proxecto social media incorporando as Sobremesas Orixe: conversacións con persoeiros da cultura e artesanía galega que comparten con Orixe o seu “saber facer”.
DATOS CLAVE
Para outorgar á marca dunha linguaxe propia, creamos un dossier gráfico cunha linguaxe tanto visual como verbal propia e moi recoñecible. Ademais, realizamos catro pezas audiovisuais contando con profesionais galegos como a “zoqueira” Laura Ferro ou o mariñeiro e influencer Rogelio Santos Queiruga.
Grazas a estas accións logramos aumentar o alcance das redes sociais da marca, notamos un incremento no tráfico da páxina web e, o máis importante, posicionamos Orixe como un estandarte da gastronomía e a cultura galega.