CONTEXTUALIZACIÓN
Para gusto do noso director, en novembro de 2021 comezamos a traballar nun gran proxecto coa cadea de tendas de bicicletas de MyTopBike. Unha marca establecida en 2014 con tendas en Santiago e A Coruña. Contaban cun ecommerce con moitas posibilidades de desenvolvemento. A nosa proposta, dentro da xestión global da comunicación nas canles dixitais, centrou o proxecto en dous obxectivos: un primeiro o fortalecemento do branding, coa creación dunha mensaxe clara e única que mostrase os valores da marca e unha mellora da conversión.
DATOS CRAVE
Creamos un dossier gráfico, as liñas gráficas de marca e implementámolas en todas as canles. Liquidamos pequenos bugs do ecommerce e comezamos a xerar journeys de marketing automation para premiar tanto ao novo cliente como ao recorrente. Unha vez pasados os 7 primeiros meses, reenfocamos o proxecto ao ecommerce e á optimización da conversión durante os próximos 12 meses, e este é o noso desafío actual.