CONTEXTUALIZACIÓN
Kleitman é unha marca que naceu en Siete Olas. O cliente chegou cunha idea de ecommerce de descanso que fixemos realidade. O briefing incluía a creación da marca completa xunto a todo o universo e valores que conleva e un ecommerce. Unha vez estudado o sector e definidos os obxectivos da marca procedemos a crear a estratexia de introdución da marca no mercado.
DATOS CLAVE
Creamos un logotipo e identidade de marca, realizamos unha produción audiovisual inicial e montamos o ecommerce. Unha vez establecidas as bases, creamos perfís en redes sociais, unha estratexia de mail marketing e paid media.
Para dar a coñecer a marca e impulsar as vendas, creamos a campaña A Habitación Kleitman, que incluía a xestión total da mesma, comunicación, estratexia de influencers e gabinete de prensa. 6 meses despois, a marca funciona nun mercado moi competido e cumpre os obxectivos de vendas establecidos.